Friedrich Fröbel
![]() Friedrich Wilhelm August Fröbel, nado en Oberweissbach (Turinxia) o 21 de abril de 1782 e finado en Marientha o 21 de xuño de 1852, foi un pedagogo alemán. Foi o creador da educación preescolar e do concepto de xardín de infancia. É coñecido como o "pedagogo do Romanticismo". TraxectoriaFroebel pasou a infancia xunto ao seu pai e a súa pouco benévola madrasta. Ao cabo dunha estanza de cinco anos na casa dun tío, empezou aos quince a traballar cun inspector forestal e dedicouse, como autodidacta e de xeito desordeado, ao cultivo de varias ciencias: cartografía, matemáticas, botánica, arquitectura, contabilidade e agrimensura. Descubriu a súa vocación polo maxisterio en 1805, nunha escola secundaria de Frankfurt onde se decatou das novidosas ideas pedagóxicas de Pestalozzi. Máis tarde traballou con el en Suíza, onde desenvolveu a súa teoría educativa. Dende 1806 Fröbel foi o mestre e preceptor dos tres fillos dunha familia nobre de Frankfurt. Creou o termo «xardín de infancia» (en alemán, Kindergarten), centrando a súa actividade en animar o crecemento mental natural dos pequenos a través da actividade e o xogo. Para isto, creou material didáctico específico para nenos, ós que chamou "dones", e se preocupou da formación das nais, convencido da grande importancia destas no crecemento dos suxeitos. O neno é considerado o principal protagonista da súa propia educación. Estableceu o seu primeiro xardín en Bad Blankenburg en 1837. Pretendía que nestes xardíns de infancia o neno:
Cando xa publicara sete libros, en 1826 resumiu as súas ideas no libro Die erziehenden Familien. Legado
Information related to Friedrich Fröbel |