Guerra de Independencia dos Estados Unidos de América
A Guerra Revolucionaria dos Estados Unidos de América (1775–1783), tamén coñecida como Guerra de Independencia dos Estados Unidos de América[16] e Guerra Revolucionaria nos Estados Unidos, foi un conflito armado entre Gran Bretaña e as Trece Colonias de América do Norte, que declararon unilateralmente a súa independencia como Estados Unidos de América.[17][18] O conflito tivo lugar maioritariamente no continente americano. En 1778, Francia, tomando vinganza pola súa derrota na Guerra dos Sete Anos, asinou unha alianza coa nova nación. O conflito acadou a categoría de guerra mundial con Gran Bretaña combatendo con Francia, España e os Países Baixos. A loita tamén se produciu na India entre a Compañía Británica das Indias Orientais e o Reino de Mysore aliado dos franceses. A guerra tivo a súa orixe na resistencia de moitos americanos ós impostos aprobados no parlamento británico, que eles consideraban inconstitucionais. As protestas patrióticas escalaron até boicots e a destrución dun cargamento de té no Boston Tea Party. O goberno británico castigou a Massachusetts pechando o porto de Boston e quitándolles o seu autogoberno. Os patriotas responderon coa creación dun goberno da provincia na sombra e fóra de Boston. As outras Trece Colonias apoiaron a Massachusetts e formaron o Congreso Continental para coordinar a súa resistencia, organizando comités e convencións que se apoderaron de xeito efectivo do poder dos gobernos reais. En abril de 1775 comezou a loita entre a milicia de Massachusetts e os regulares británicos en Lexington e Concord. O Congreso Continental designou o Xeneral George Washington para facerse cargo das milicias que asediaron as forzas británicas en Boston, forzándoas a evacuar a cidade en marzo de 1776. O Congreso supervisou a guerra, dándolle a Washington o control sobre o Exército Continental, quen tamén controlou as milicias estatais. O 2 de xullo de 1776, o Congreso Continental votou formalmente pola independencia e proclamou a Declaración do 4 de xullo.[19] Namentres, os británicos reuniron forzas para esmagar a revolta. Sir William Howe derrotou a Washington, capturando Nova York e Nova Jersey. Porén, Washington foi quen de capturar un destacamento en Trenton e expulsou os británicos fóra da maioría de Nova Jersey. En 1777 o exército de Howe lanzou unha campaña contra a capital nacional en Philadelphia, non podendo axudar á forza de separación de Burgoyne dende o Canadá. O exército de Burgoyne quedou atrapado e rendeuse despois da Batalla de Saratoga en outubro de 1777. Esta vitoria americana animou a Francia a entrar na guerra en 1778, seguida por España en 1779. En 1778, despois de fracasar nos estados do norte, os británicos mudaron de estratexia e centráronse nas colonias do sur, onde se propoñían alistar moitos rexementos de leais. Nun principio, as forzas británicas tiveron éxito en poñer Xeorxia e Carolina do Sur baixo o seu control en 1779 e 1780, pero o apoio dos leais foi menor do agardado. En 1781, as forzas británicas movéronse cara a Virxinia, pero o seu movemento foi bloqueado pola vitoria naval francesa. Washington tomou o control no asedio franco-americano de Yorktown e capturou a forza completa británica, composta por máis de 7 000 homes. A derrota en Yorktown puxo o Parlamento Británico en contra da guerra, e a comezos de 1782 votaron o remate das operacións ofensivas en América do Norte. Porén, a guerra contra Francia e España continuou, e as tropas británicas defenderon Xibraltar contra o longo asedio franco-español, mentres a Royal Navy conseguía vitorias chave, especialmente na Batalla de Saintes en 1782. En 1783, o Tratado de París rematou coa guerra e reorganizou a soberanía dos Estados Unidos sobre o territorio delimitado aproximadamente no que hoxe é Canadá polo norte, Florida polo sur e o río Mississippi polo oeste. Francia cobrou a súa vinganza e unha gran débeda nacional interna, mentres España adquiría as colonias de Gran Bretaña en Florida.[20][21] A sublevación das colonias británicasNo século XVIII Gran Bretaña posuía trece colonias na costa leste de América do Norte. Nelas foise xerando un crecente descontento contra o dominio británico que desencadeou unha sublevación. As causas que a provocaron foron as seguintes:
O descontento estalou en 1773 en Boston cando os colonos botaron un cargamento de té inglés ao mar (motín do té). A represión británica e o envío de tropas fixo aflorar sentimentos nacionais nas colonias, o que deu lugar á Declaración de Independencia, do 4 de xullo de 1776, redactada por Thomas Jefferson, e á guerra contra os británicos. Notas
|