Gustav Kirchhoff
Gustav Robert Kirchhoff, nado en Königsberg o 12 de marzo de 1824 e finado o 17 de outubro de 1887, foi un físico alemán cuxas principais contribucións científicas estiveron no campo dos circuítos eléctricos, a espectroscopia e a emisión de radiación dos corpos negros. Kirchoff propuxo o nome de radiación do corpo negro en 1862. É responsable dos conxuntos de leis fundamentais na teoría clásica de circuítos eléctricos e na emisión térmica. Aínda que ambas se denominan Leis de Kirchhoff, probablemente esta denominación é máis común no caso das Leis de Kirchhoff da enxeñería eléctrica. TraxectoriaGustav Kirchhoff naceu en Königsberg, Prusia (actualmente Kaliningrado, Rusia). Era fillo de Friedrich Kirchhoff (avogado) e Johanna Henriette. Graduouse na Universidade Albertus de Königsberg en 1847 e casou con Clara Richelot, filla de Friedrich Richelot, un dos seus profesores de matemáticas. Aquel mesmo ano trasladáronse a Berlín, onde permaneceu ata que lle outorgaron unha praza de catedrático en Breslau (na actualidade Wrocław) onde traballou entre 1850 e 1854 para trasladarse posteriormente á Universidade de Heidelberg e anos máis tarde á Universidade de Berlín. En 1886 o empeoramento da súa saúde obrigouno a retirarse falecendo un ano máis tarde. Kirchoff formulou a súa lei da voltaxe para a análise de circuítos en 1845 sendo aínda un estudante. Propuxo a súa lei de emisión de radiación térmica en 1859 proporcionando probas dela en 1861. En Breslau colaborou en traballos sobre espectroscopia con Bunsen sendo codescubridor xunto a el dos elementos cesio e rubidio en 1861 estudando a composición química do sol a través do seu espectro. Máis adiante propuxo as tres leis empíricas que describen a emisión de luz por obxectos incandescentes:
A existencia destas leis discretas foron explicadas máis tarde por Niels Bohr, contribuíndo decisivamente ao nacemento da mecánica cuántica. Information related to Gustav Kirchhoff |