John M. Kleeberg
John M. Kleeberg, nado en Nova York, é un numismático estadounidense especializado na historia da moeda norteamericada e hispanoamericana. TraxectoriaLogo de completar o ensino secundario na Stuyvesant High School de Nova York en 1975, Kleeberg realizaou os seus estudos superiores na Universidade Yale, onde en 1979 se graduou cunha dobre titulación en Latín e Historia, cunha tese titulada The interrelationship between Contemporary events and Mommsen’s Historiography. Posteriormente trasladouse a Inglaterra, onde en 1988 se doutourou na Universidade de Oxford, cunha tese sobre a Historia moderna titulada The Disconto-Gesellschaftand German Industrialization: A Critical Examination of the Career of a German Universal Bank, 1851-1914”.[1][2][3] En 1990 comezou a desenvolver a súa carreira profesional na American Numismatic Society, de Nova York, onde foi nomeado conservador axudante de moeda moderna, e catro anos despois foi ascendido ao posto de conservador titular.[2][3] Simultaneamente, no Círculo Numismático de Nova York ocupou os cargos de secretario-tesoureiro, vicepresidente e, finalmente, presidente entre 1992 e 1997.[2] A partir de 1991 foi autor e, sobre todo, editor de diversas obras numismáticas, fundamentalmente acerca da historia da moeda en Norteamérica e en Hispanoamérica. Entre o seu labor como editor destaca a edición en varios volumes das actas das series de conferencias Coinage of the Americas.[2] Así mesmo, forma parte do comité editorial da publicación periódica American Journal of Numismatics e é editor asociado de The Colonial Newsletter.[3] En 2000 deu un xiro á súa carreira profesional e abandonou o seu posto na American Numismatic Society para iniciar novos estudos, na Escola de Dereito da Universidade de Nova York, onde que se graduou como Juris Doctor en 2002. O ano seguinte superou as condicións para ser admitido no Colexio de Avogacía de Nova York e en 2004 foi admitido como avogado en prácticas.[2] Como xurista, participa tamén desde 2010 na Comisión de Reclamacións Xudías contra Alemaña.[3] Malia o seu afastamento da numismática como dedicación profesional, Kleeberg continúa a ser membro da American Numismatic Society[4] e mantén a súa dedicación á investigación e á edición, fundamentalmente en forma de artigos.[2] RecoñecementosPublicaciónsJohn M. Kleever é un autor prolífico de artigos publicados en prestixiosas revistas numismáticas e historiográficas. Ademais, é autor de dous traballos monográficos e editor doutra media ducia:[8][9] Como autor
Como editor
Notas
|