Linguas itálicas
As linguas itálicas constitúen un grupo de linguas indoeuropeas cunha serie de trazos comúns. Inclúe as linguas romances (entre as que se atopan o galego, o español, o portugués, o francés, o italiano e o romanés) e a un certo número de linguas extintas, como o latín e outras linguas faladas na Antigüidade na Península Itálica. Aínda que se adoita considerar como unha única rama que se diversificou a partir dun estadio común ou protoitálico, posterior ao período protoindoeuropeo, algúns autores dubidan desta filiación común[1]. Todas as linguas itálicas comparten un bo número de isoglosas comúns; así, todas elas son linguas centum que non presentan palatalización das (palato)velares indoeuropeas /*k, *kw, *g, *gh, *ghw/. Curiosamente, as linguas romances si presentan unha palatalización posterior dos fonemas latinos /k, g/, aínda que só ante fonemas anteriores /ε,e,i/. Clasificación das linguas itálicasAs linguas itálicas están formadas por tres subfamilias propiamente ditas:
Características comúnsActualmente o termo linguas itálicas úsase para referirse a un conxunto de linguas indoeuropeas que comparten un certo número de trazos comúns e que tras un período longo de convivencia común sufriron un certo proceso de converxencia[2]. Con todo, autores como Silvestri [3] e Rix[4] argumentan que non existiu un proto-itálico común reconstructible, que cumpra estas dúas condicións:
Do mesmo xeito que a teoría obsoleta do italo-céltico común, moitos autores refugaron a idea de que todas as similitudes das linguas itálicas débanse á existencia dun estadio lingüístico chamado itálico común, de cuxa diversificación xurdisen as linguas. De feito varios autores propuxeron explicar algunhas da características comúns como un fenómeno de Sprachbund que afectaría á chamada área lingüística medio-itálica. Desenvolvementos fonolóxicosAs linguas itálicas comparten certo número de isoglosas e cambios fonéticos comúns respecto ao protoindoeuropeo común:
NotasVéxase taménBibliografía
|