Lingua romanesa
A lingua romanesa ou romanés[2] (limba română AFI /'limba ro'mɨnə/) é unha lingua romance do Leste de Europa, falada por uns 30 millóns de persoas, a maioría delas en Romanía (onde é lingua oficial) e en Moldova, así como en zonas de Serbia (na provincia autónoma de Voivodina), de Hungría e da Ucraína. Existen importantes núcleos de emigración romanesa en países como Italia, España, Israel, Estados Unidos, Francia e Alemaña, entre outros. Descrición lingüísticaFonoloxía e escrituraO alfabeto romanés é fundamentalmente fonético. A mostra escrita en romanés máis antiga da que se ten constancia é unha carta de 1521 chamada a carta de Neacșu de Câmpulung. Está escrita co alfabeto cirílico como tódolos primeiros textos romaneses (isto débese a que a lingua que se utilizaba para as cerimonias relixiosas era o eslavo antigo). A fins do 1700 eruditos transilvanos empezan a usa-lo alfabeto latino para escribir en romanés. O alfabeto cirílico seguiuse usando (gradualmente caendo en desuso) ata 1860, cando a escritura romanesa foi oficialmente normativizada. GramáticaO substantivoOs nomes, en romanés, flexiónanse indicando xénero, número e caso. XéneroÓ contrario que a maioría das linguas romances, o romanés conserva tres xéneros: masculino, feminino e neutro; mantendo así o neutro herdado do latín. Porén, no idioma romanés o xénero gramatical neutro funciona dun xeito abondo peculiar: asume a forma do masculino no singular mais do femenino cando está no plural. As palabras que rematan en "ă" acostuman a ser femininas, mentres que os nomes con final consonántico son masculinos ou neutros. Ademais, as palabras que rematan en "e" poden ser de calquera xénero. Algunhas veces pódese modifica-lo xénero utilizando sufixos. De feminino a masculino utilízase o sufixo "-oi" (pisica (fem) - pisoi (masc) = gato) e o proceso oposto lógrase co sufixo "-ică" (lup (masc) - lupoaică( (fem) = loba). NúmeroO romanés distingue entre as formas do plural e o singular nos nomes. O plural fórmase con cambio vocálico (do mesmo xeito que no italiano, o plural acostuma a derivar do caso xenitivo latino), pero en ocasións hai algún outro son que cambia dentro dos nomes (así "o noapte" = unha noite, fronte a "două nopți" = dúas noites). A continuación hai unha táboa coas normas de formación do plural romanés:
Algúns exemplos:
Artigos
Outra peculiaridade do romanés é que ten o artigo determinado adherido ó final do nome, coma no veciño albanés (tamén no sueco), no canto de ser unha palabra separada ó inicio do sintagma nominal. O artigo determinado formouse, ó igual ca noutras linguas romances a partir do pronome demostrativo do latín.
PosesiónA posesión indícase mediante o artigo posesivo, e mediante o caso oblicuo dun nome posuidor.
Os pronomesÓ igual ca no italiano, normalmente omítense os pronomes en caso nominativo, a non ser que haxa que aclarar algunha ambigüidade no significado da oración. Normalmente, o sufixo do verbo achega información sobre o suxeito. A inflexión de xénero aparece tan só na terceira persoa (el/ea).
O verboO romanés herdou do latín os seus catro grupos verbais. Por outro lado, o romanés ten seis formas distintas de expresa-lo tempo futuro. LéxicoA maior parte do léxico romanés (ó redor dun 75%) é de orixe (latina), pero, ademais, tamén tomou emprestadas moitas palabras dos seus veciños eslavos, do francés, italiano, alemán, húngaro, turco, grego e inglés. A influencia eslava apréciase tanto na compoñente léxica coma na fonética da lingua. Por exemplo, ó non te-lo latín unha palabra para expresar "si", o romanés tomou a expresión eslava da. Ademais, o romanés é a única das linguas romances co fonema /h/. Tamén cabe destacar que case tódalas actividades rurais teñen nomes procedentes do latín, mentres que aquelas relacionadas coa vida urbana foron emprestadas doutras linguas (francés, italiano, alemán, inglés, húngaro etc). A modo de exemplo, na seguinte frase saliéntanse as palabras emparentadas en distintas linguas romances:
Dimensión social, histórica e literariaHistoria da linguaEn tempos antigos, o territorio onde se atopa actualmente Romanía foi habitado polas parcialidades tracias dos xetas e dacios, quen falaban unha lingua indoeuropea, a lingua dos dacios, da que se sabe moi pouco. Algúns lingüistas opinan que era unha lingua similar ó latín, aínda que con moitas probabilidades influída polo grego. Despois a conquista romana, Dacia transformouse nunha provincia romana e o latín vulgar converteuse na lingua usada pola administración e para o comercio. Hai que destacar que só unha pequena parte de Dacia (o que hoxe é Romanía) foi romanizada. A maior parte do territorio estaba poboado por dacios libres (carpos), os cales nunca estiveron baixo control romano. Aínda que pode que nunca se saiba moito acerca do dacio, hai unhas 300 palabras puramente romanesas, existentes nos catro dialectos, e moitas con correspondentes en albanés, sobre as cales se considera que poderían ser herdadas do dacio, moitas delas ligadas á vida pastoril, tales como bránză ("queixo"). Algúns lingüistas afirman que os albaneses serían dacios non-romanizados, que migraron rumbo ao sur. Un outro punto de vista afirma que esas palabras non-latinas (moitas con correspondentes en albanés) non son tampouco de orixe dacia, e si terían sido traídas no territorio da Romanía por pastores romanizados que migraban da Albania, Serbia e Grecia do norte no espazo cárpato-danubiano-pontico, que tornáronse, despois de, o pobo romanés. Pénsase que tódolos dialectos romaneses estiveron unificados ata un momento situado entre o século VII e o século X, antes de que as linguas eslavas se achegaran ós pobos de fala dacia. A primeira mostra escrita de romanés data do século XVI. Distribución xeográficaO romanés fálase principalmente en Romanía, Moldova, e nalgunhas comarcas de Ucraína (sectores de Bucovina e sueste de Besarabia), Hungría, Serbia e Montenegro (sectores da rexión autónoma de Voivodina e sueste de Besarabia) , Bulgaria, Macedonia do Norte e Grecia. Porén, hai falantes romaneses espallados por diversos países, tales como o Canadá, os Estados Unidos, Alemaña, Israel, Australia e Nova Zelandia. Esta dispersión débese principalmente á inmigración de despois da segunda guerra mundial.
OficialidadeO romanés é lingua oficial en Romanía, Moldova (neste último territorio chámaselle" lingua moldova") e é, xunto ó serbocroata e ó maxiar lingua cooficial na rexión autónoma de Voivodina - ou en romanés Banato Meridional- (no norte de Serbia). DialectoloxíaO romanés, lingua romance, ten catro dialectos:
Pénsase que o romanés naceu ó norte e ó sur do Danubio. Isto puido manterse así ata a chegada e os asentamentos dos eslavos ó sur do río. Literatura en lingua romanesaBreve vocabulario
Notas
Véxase tamén
Outros artigosLigazóns externas
|