Maranhão
Maranhão é un dos estados do Brasil situado na Rexión Nordeste. Ten como límites ao norte o océano Atlántico; ao leste e sueste o estado de Piauí; a suroeste e oeste o estado de Pará. A súa capital é a cidade de São Luís. Outra cidade importante é Imperatriz. XeografíaDiferente doutros estados do Nordeste brasileiro, o Maranhão non ten rexións de clima semi-árido. Hai 5 tipos principais de vexetación no estado:
EconomíaAs principais actividades económicas do estado son a industria (destacándose a transformación de aluminio, a alimenticia e a madeireira), a extracción de babasú, a agricultura (principalmente soia, mandioca, arroz e millo) e a gandería. Máis da metade do PIB do estado concéntrase na capital, São Luís. O turismo ten grande potencial no estado, grazas principalmente ás paisaxes naturais da rexión dos Lençóis Maranhenses, ás construcións históricas da capital, São Luís, e da cidade de Alcántara. Véxase tamén
Outros artigosLigazóns externas
Information related to Maranhão |