Mato Groso do Sur
Mato Groso do Sur (en portugués, Mato Grosso do Sul) é un estado brasileiro localizado ó sur da rexión Centro-Oeste. Ten como límites: Mato Groso ó norte, Goiás ó nordeste, Minas Xerais e São Paulo ó leste, Paraná ó sueste, o Paraguai ó sur e suroeste, e Bolivia ao oeste. Ocupa unha superficie de 358.158,7 km². A capital é a cidade de Campo Grande. Outras cidades importantes son: Dourados, Corumbá e Três Lagoas. O ecosistema do Pantanal ocupa o extremo oeste do Estado; as planicies ocupan o noroeste; e as mesetas con escarpados das Serra da Bodoquena, o leste. Os ríos Paraguai, río Paraná, Paranaíba, Miranda, Aquidauana, Taquiri, Negro, Apa e Correntes son os ríos principais. EconomíaA súa economía baséase na agricultura (soia, millo, algodón, arroz, cana de azucre); na gandería; na minería (ferro, manganeso, pedra calcaria); e na industria alimenticia, de cimento e mineira. O turismo ten grande potencial no estado, grazas ás paisaxes naturais do Pantanal e da cidade de Bonito. Véxase tamén
Outros artigosLigazóns externas |