Nacionalismo ogoniO nacionalismo ogoni é unha ideoloxía política que busca a autodeterminación do pobo ogoni. Os ogonis son un dos moitos pobos que habitan na rexión do sueste de Nixeria. O seu número rolda os 1,5 millóns de persoas e viven a viven nun territorio de 1.050 km² tamén coñecido comom Ogoni ou Ogoniland. Os ogoni comparten os mesmos problemas medioambientais relacionados coa extracción de petróleo que sofre o pobo ijaw no delta do río Níxer. Os ogonis conseguiron a atención internacional despois dunha campaña masiva de protesta pública contra Shell Oil liderada polo Movemento pola Supervivencia do Pobo Ogoni (MOSOP nas súas siglas en inglés).[1][2] O uso obrigado polo MOSOP de métodos non violentos para promover os principios democráticos axudan aos ogonis a perseguir os seus dereitos de autodeterminación en cuestións ambientais no delta do Níxer, así como os seus dereitos culturais como pobo.[3] Notas
Véxase taménLigazóns externas |