Orde de San Basilio Magno
A Orde de San Basilio Magno (en latín: Ordo Sancti Basilii Magni; en ucraíno: Чин Святого Василія Великого), tamén coñecida como Orde Basiliana de San Xosafat, é un instituto relixioso masculino de dereito pontificio e de rito bizantino. Os seus membros engaden ao seu nome as siglas O.S.B.M. HistoriaOs monxes basilianos tiveron un papel importante na difusión do cristianismo na Rus de Kíiv. Coa Unión de Brest da Metrópole de Kíiv coa Igrexa Católica, o metropolita Yosyf Rutskyi e o bispo Yosafat Kuntsevych reformaron o monasticismo segundo o modelo das ordes relixiosas latinas, e favoreceron a unión de varios monasterios baixo o goberno dun protoarquimandrita. O papa Urbano VIII aprobou a orde cun breve do 20 de agosto de 1631. Logo das particións de Polonia a orde sufriu moito por mor da persecución tsarista e xosefinista. En 1882 o papa León XIII promoveu a restauración da orde, o que foi posíbel especialmente grazas ao traballo e Andrei Sheptytskyi. O papa Pío XII aprobou o 14 de xuño de 1954 as novas constitucións da orde. Information related to Orde de San Basilio Magno |