Unha breve historia do tempo
Unha breve historia do tempo[1] é un libro de divulgación científica escrito por Stephen Hawking en Lingua inglesa co título orixinal de A Brief History of Time: From the Big Bang to Black Holes, e publicado en 1988. SinopseO tema principal do que fala este libro é a natureza do Universo e a importancia do tempo. Fala sobre o tempo, onde se encontran os buratos negros, o principio de incerteza, o espazo e o tempo (Teoría da relatividade) e a unificación da física. Trata sobre a evolución que sufriu o noso Universo; o seu pasado, presente e futuro. Resumo por capítulosCapítulo 1Fai un resumo dos diferentes modelos do universo a través do tempo pasando pola imaxe antiga de que a Terra era plana ata a descrición que fan os científicos actuais do universo mediante dúas teorías fundamentais: a teoría da relatividade xeral e a mecánica cuántica, e os esforzos da física actual pola busca dunha teoría que incorpore as dúas anteriores: unha teoría cuántica da gravidade. Capítulo 2Trata das teorías do movemento de Newton, do espazo absoluto, do tempo absoluto, de como a teoría da relatividade rematou co concepto do tempo absoluto, da teoría da relatividade especial e como resulta inconsistente coa teoría da gravitación de Newton e da teoría da relatividade xeral de Einstein. Capítulo 3Describe a evolución das teorías da expansión constante do universo. Capítulo 4Presenta a doutrina do determinismo en contraposición co principio de incerteza, de onde xorde a mecánica cuántica, que, de acordo a Hawking, podería unificarse coa relatividade xeral por medio dunha teoría completa. Aínda cando a dita teoría aínda non existe, si se coñecen algunhas das características que debe posuír. Capítulo 5Explica dende a crenza de Aristóteles de que a materia era infinitamente divisible, pasando polo átomo e máis recentemente o descubrimento de partículas cada vez máis pequenas chegando ao quark e explica as teorías das partículas portadoras de forza, nas súas catro categorías e o que estas implican na comprensión do universo. Capítulo 6Detalla o xeito de como se forman os buratos negros e como se podería pensar en que estes poderían considerarse o fin do tempo. Capítulo 7Formula o comportamento da luz con respecto á fronteira do burato negro. Menciona a segunda lei da termodinámica, e relata como paulatinamente foi chegando a cálculos matemáticos para explicar que os buratos negros emiten partículas e radiacións coma se fosen un corpo quente e polo tanto emiten algo de luz. Capítulo 8Cuestiónase acerca da orixe e o destino do universo, facendo alusión a crenzas teolóxicas e a dificultade de conciliar estas cos descubrimentos e teorías científicas máis recentes. Capítulo 9Analiza a evolución do concepto de "tempo", dende o tradicional pasando polo tempo "imaxinario" e as chamadas frechas do tempo que distinguen entre o pasado e o futuro. Capítulo 10Formúlase a conveniencia de integrar a unificación da física, mediante unha teoría consistente e completa que integre as diferentes ramas do coñecemento humano. Capítulo 11Presenta as conclusións do autor e a súa inquietude de integrar o pensamento filosófico co científico ata chegar a unha teoría completa comprensible para calquera ser humano. EdiciónsO libro foi traducido ao galego polo físico Jorge Mira, e publicado pola Universidade de Santiago de Compostela en 2018. Notas
|