Jorge Mira
Jorge Mira Pérez, nado en Baio (Zas) o 30 de outubro de 1968, é un físico, investigador, divulgador científico e colaborador en diferentes medios de comunicación galego. Dende decembro de 2016, é membro correspondente da Real Academia Galega polas súas investigacións desenvolvendo modelos matemáticos para estudar a lingua galega.[1] TraxectoriaFormaciónLicenciado e doutor en Física pola Universidade de Santiago de Compostela, con premio extraordinario, é catedrático da área de electromagnetismo na facultade de Física da devandita Universidade.[2] Foi finalista do Premio da Real Sociedade Española de Física a Investigadores Noveis (1999), Premio de investigación en ciencia e tecnoloxía da Deputación de Pontevedra (2001), Premio da Real Academia Galega de Ciencias (2002), Premio do Colexio Oficial de Físicos de España (2010), XXXIV Premio da Crítica Galicia, na modalidade de investigación (2011) e é Mención de Honor do Premio de investigación da Real Academia Galega de Ciencias (2011). Tres dos seus traballos de investigación foron en colaboración co Premio Nobel de Química 2019 John B. Goodenough. Relevancia nos mediosEn televisión, foi colaborador científico nos programas Que serán (TVE-Galicia), Arrampla con todo, Ciencianosa e Luar, estes tres últimos na Televisión de Galicia. Nesta mesma cadea foi, ademais, o experto en cifras do concurso Cifras e letras durante 7 anos, despois estivo no concurso Verbas van e despois en Coma un allo. No eido radiofónico, é colaborador científico, entre outras, na Radio Autonómica de Galicia (Radio Galega). A iso súmanselle diversos artigos en La Voz de Galicia, onde é columnista científico. Por esta actividade, recibiu diferentes galardóns: o «Física en Acción», da Real Sociedade Española de Física (2000), Mención de Honra no «Premio Ciutat de les arts i de les ciències de Valencia» (2001) e o Premio Nacional «Ciencia en Acción», do MEC e o EIROForum (2005). Nese mesmo ano foi destacado na portada do número conmemorativo do décimo aniversario da sección "Next Wave" da revista Science, pola combinación da actividade de profesor universitario e divulgador científico. En 2010 a organización deste premio concedeulle a súa Medalla de Honor "pola súa ampla traxectoria de apoio á comunicación científica". En 2011 concedéuselle o Premio «José María Savirón» de divulgación científica, da RSEF, RSEQ, RSME, COQ, COG, COFIS, CSIC e outras entidades (ex-aequo co programa de TVE-2 «Tres14»), "polo seu destacado labor divulgativo a través de radio, prensa e televisión, e tamén a través do Programa ConCiencia, con participación de varios Premios Nobel". En 2012 concedéuselle o Premio da Real Sociedad Española de Física, na modalidade de ensino e divulgación da física, "polo seu labor pedagóxico de gran calidade e a súa destacable actividade no eido da divulgación científica”. Tamén publicou diversos artigos sobre curiosidades ou anécdotas científicas (entre eles, en colaboración con J. Viña, un no que calcula a temperatura do ceo e do inferno). En Grial escribiu sobre o cambio de fuso horario.[3] En 2010 publicou o seu primeiro libro: "A ciencia no punto de mira" (3 edicións), traducido e editado en castelán en 2011. En 2016 publicou o segundo: "A que altura está o ceo?", tamén con 3 edicións en galego e unha en castelán (en 2020). En 2018 foi nomeado polo goberno de España membro da comisión de expertos para a reforma da hora oficial.[4] En 2024 foi elixido membro do plenario do Consello da Cultura Galega.[5] Vida persoal
Premios
Obras
Traducións
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas |