Share to:

 

243 Ida

Imaxe de (243) Ida tomada por Galileo.

(243) Ida é un asteroide da familia Coronis[1] do cinto principal. Foi descuberto o 29 de setembro de 1884 por Johann Palisa e recibe o nome dunha ninfa da mitoloxía grega. Posteriores observacións telescópicas clasificaron o asteroide Ida como un asteroide de tipo S, o tipo máis numeroso no cinto interior de asteroides. O 28 de agosto de 1993, Ida foi visitado pola nave espacial Galileo, con destino a Xúpiter. Foi o segundo asteroide visitado por unha nave espacial e o primeiro que se descubriu que tiña un satélite.

Igual que todos os asteroides do cinto principal, a órbita de Ida atópase entre os planetas Marte e Xúpiter. O seu período orbital é de 4,84 anos, e o seu período de rotación, de 4,63 horas. Ida ten un diámetro medio de 31,4 quilómetros. É de forma irregular e alongada, e polo que semella, está composto por dous grandes obxectos conectados entre eles nunha forma que lembra un croissant. A súa superficie é unha das que ten máis cráteres do Sistema Solar, cunha ampla variedade de medidas e idades dos mesmos.

Notas

  1. Grimal 2008, p. 116.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Prefix: a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9

Portal di Ensiklopedia Dunia

Kembali kehalaman sebelumnya