Unha casa de moeda, coñecida tamén como ceca (do árabe: sikkah, "casa de moeda") ou obradoiro monetario, entre outros, é un establecemento fabril dedicado á fabricación de moeda, habitualmente polo método da cuñaxe, ben dun xeito artesanal ou ben de maneira Industrial, en función da época.[2][3]
A fabricación de moeda nos seus inicios foi un proceso artesán, a golpe de martelo sobre discos metálicos recortados á man con tesoiras.[4] En épocas grega e romana as técnicas avanzaron en certa medida, aínda que eran substancialmente as mesmas, e non foi ata o século XVI, coa instalación nas casas de moeda da primeira maquinaria, cando o proceso de cuñaxe coñeceu un verdadeiro avance.[5]
A cuñaxe de moeda foi habitualmente un privilexio dos monarcas. As casas reais posuían as súas propias cecas, que inicialmente consistían en pequenos obradoiros de gravadores e ferreiros, en ocasións de carácter itinerante, que viaxaban coa corte.[6]
O rei castelán-leonésAfonso VI deu un paso importante na modernización do proceso de cuñaxe, coa creación de dúas casas de moeda estables, en Toledo e en León, onde cuñou ao seu nome moedas con valor dun diñeiro nunha aliaxe popuco común ata a época, denominada billón, á base de prata e cobre, que foi moi utilizada nas emisións de moeda miúda dos reinos cristiáns.[8]
As cecas eran adoito estables á fin do período medieval, mais, así e todo, seguían a semellar máis obradoiros artesanais que importantes fábricas de diñeiro. En 1553, o calcógrafofrancés Antoine Brucher inventou o laminador, unha máquina accionada por un muíño que fabricaba láminas de metal dun grosor constante facendo pasar lingotes varias veces entre dous cilindros ou rolos de metal duro. Esta innovación, xunto coa da chamada prensa de volante, coa que se lograba inicialmente o recorte de discos uniformes e, nun segundo momento, a cuñaxe dos discos grazas á inercia provocada por un gran volante, supuxeron o abandono da cuñaxe a martelo nas casas de moeda e o inicio do proceso industrial de produción de moeda.[9] Esas primeiras máquinas, de considerables dimensións, tiñan que ser instaladas en instalacións máis grandes que os tradicionais obradoiros.[10][11]
Durante a Idade Media foi moi salientable a actividade da ceca de Santiago de Compostela, que se establece no reinado de Afonso VI a finais do século XI, e, particularmente, a Real Casa da Moeda da Coruña, que estendeu a súa actividade ata o século XVII, durante o reinado de Carlos II.[25][26] En tanto que a localización da ceca compstelá se descoñece (aínda que dá algunha pista a existencia da "rúa da Moeda Vella"), o derradeiro edificio ocupado polo establecemento coruñés foi o do posterior Cuartel de San Domingos.[27][28] Aínda que con carácter máis excepcional, na Idade Media cuñáronse tamén moedas en casas de moeda establecidas en Lugo (séculos XI e XII), en Tui e en Milmanda, a nome do rei portuguésFernando I (século XIV), e tamén probablemente en Ourense (século XII).[29][30][31]
A palabra "ceca" deu lugar a unha frase feita que, con variantes, se estende por todas as linguas románicas peninsulares: "da ceca para a Meca" ou "de ceca en Meca" (en galego), "de la ceca a la Meca" ou "de ceca en meca" (en castelán), "ir de seca a Meca" (en portugués) e "córrer la seca, la Meca i la vall d'Andorra" (en catalán). En todos os casos, o sentido é o de ir dun sitio para o outro, de aquí para aló.[36][37][38][39][40]
↑De Francisco Olmos, J. M. (2002). Páxina 328: "en reconocimiento del señorío real, como regalía que era la acuñación monetaria, lo que justificaba su renovación al subir al trono cada nuevo rey, así como su carácter imprescriptible e inalienable".
↑Pita Fernández (1999). "A ceca móbil de Lugo. Cuñacións galego-romanas". Páxinas 39-46.
↑Ripollès, P. P. “Ceca del Noroeste”. En Las acuñaciones provinciales romanas de Hispania. Madrid. 2010. Páxinas 43-45.
↑Villaronga, L. “Emisión monetaria augustea con escudo atribuible a P. Carisio y la zona norte de Hispania”. XI Congreso Nacional de Arqueología. Zaragoza. 1970. Páxinas 591-600.
↑Pita Fernández, Ricardo Luís (1999). "Numismática galego-xermana", páxinas 20-24. "Cecas galegas da época xermana", Páxinas 47-60.
↑Valls, À.; Carol, R. "Córrer la Seca, la Meca i la vall d'Andorra: uns llocs que no se sap on són". En Llegendes d'Andorra. Vol 1.Contes i llegendes. L'Abadia de Montserrat, 2010. Páxinas 26 e seguintes. ISBN 9788498833409