Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
A Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes é unha consellería da Xunta de Galicia que ten como principais competencias a xustiza, o deporte, a administración local, as relacións institucionais e parlamentarias, emerxencias, interior, relacións exteriores e relacións coa Unión Europea.[1] O actual conselleiro é Diego Calvo Pouso.
HistoriaA consellería de presidencia tivo distintas denominacións e funcións ao longo da historia. Ademais, durante algúns períodos levou tamén aparellado o cargo de vicepresidencia da Xunta. En 1983 (por uns meses) e despois dende 1983 ata 1990 absorbe ademais as competencias da Consellería de Xustiza e Interior. Durante a maior parte da súa existencia, agás entre 1990 e 1993, e 2005 e 2009 a consellería integra tamén a área de Relacións Institucionais (véxase tamén Consellería de Relacións Institucionais). A consellería de Presidencia, Administración Pública e Turismo desapareceu durante a reorganización de 2018.[2] As competencias en xustiza e presidencia pasaron á Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e a competencia en administracións públicas pasou á Consellería de Facenda e Administración Pública. Conselleiros
Estrutura internaSecretarías e direccións xeraisAdemais da necesaria Secretaría Xeral da consellería, a consellería de Presidencia conta coas seguintes direccións xerais:[1]
Entes adscritos á consellería
Notas
Véxase taménLigazóns externas |