Consellería do Medio Rural
A Consellería do Medio Rural é unha consellería da Xunta de Galicia con competencias na xestión e promoción da agricultura, da gandaría, dos produtos con denominación de orixe, e da política forestal. O seu titular actual é José González Vázquez. HistoriaA consellería de Medio Rural e do Mar é, a pesar das mudanzas de nomes, unha das máis estables da historia dos gobernos autonómicos en canto a funcións e competencias. A variación máis importante foi a incorporación, entre 1983 e 1986 das políticas relacionadas coa pesca e a acuicultura que antes, coma o foron despois, tiveron unha consellería de seu. Estas competencias foron recuperadas trala remodelación de goberno producida en 2012. Non obstante, en 2015 a Consellería divídese en Consellería do Medio Rural, dirixida por Ángeles Vázquez, e a Consellería do Mar, dirixida por Rosa Quintana. Conselleiros
Estrutura internaSecretarías e direccións xeraisAdemais da necesaria Secretaría Xeral da consellería, que ocupa Joaquín Macho Canales[1], a consellería do Medio Rural conta coas seguintes secretarías e direccións xerais:[2]
Entes asociadosAs seguintes entidades están asociadas á consellería:[3]
Outros entes
Notas
Véxase taménOutros artigosLigazóns externas |