As atribucións do presidente están presentes na Lei de Galicia 1/1983, de 22 de febreiro, de normas reguladoras de la Junta y de su presidencia (publicada no DOG, o 21 de marzo) baseándose no artigo 16.4 do Estatuto de Autonomía de Galicia e son as seguintes:
Representa-la Comunidade Autónoma de Galicia nas relacións con outras institucións do Estado (artigo 10).
Subscribi-los convenios e acordos de cooperación con outras comunidades autónomas.
Convocar eleccións ao Parlamento de Galicia trala súa disolución.
Promulgar, no nome do Rei, as leis de Galicia, así como, no seu caso, os Decretos Lexislativos e ordena-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Como representante ordinario do Estado en Galicia, correspóndelle ao Presidente da Xunta manter relacións coa Delegación do Goberno en Galicia aos efectos dunha mellor coordinación das actividades do Estado en Galicia e as da Comunidade Autónoma.
Ocupar a residencia oficial que se estabeleza, neste caso o pazo de Monte Pío, coa correspondente dotación de persoal e servizos.
Percibir a remuneración e gastos de representación que se estabelezan polo Parlamento de Galicia e figuren nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.
Recibir con carácter vitalicio o tratamento de Excelentísimo Señor ou Señora e os honores protocolarios e as precedencias estabelecidas na lexislación vixente e na que, no seu caso, dite a Comunidade Autónoma.
A presidencia da Xunta, ademais das competencias de representación e de liderado do poder executivo, presenta uns órganos dependentes. Baixo o goberno de Alfonso Rueda Valenzuela, trala súa elección en maio de 2022,[4] as competencias reservadas son:[5]
Secretaría Xeral da Presidencia (da que dependen a Dirección Xeral do Gabinete Técnico da Presidencia): Beatriz Cuiña Barja
Ademais, como as demais consellerías, ten unha secretaría xeral de Presidencia, da que depende o director xeral do Gabinete de presidencia. Tamén depende da Presidencia o gabinete de asesoría xurídica xeral da Xunta.
A Directora da Axencia de Turismo María Nava foi cesada en xuño de 2023, por mor da súa presentación á alcaldía de Ponteareas.[6]