Fernando Macedo
Fernando Macedo da Silva Rodilla, máis coñecido como Nano, nado na Coruña o 20 de abril de 1982, é un futbolista galego. Xoga de dianteiro e o seu actual equipo é o Racing de Ferrol. TraxectoriaFormado nas categorías inferiores do Ural C.F., en idade xuvenil incorporouse ao fútbol base do FC Barcelona. Considerado un dos xogadores máis prometedores da La Masia, o técnico Louis van Gaal fíxolle debutar oficialmente no primeiro equipo con motivo da disputa da Supercopa de España. Tivo unha destacada actuación suplindo a Rivaldo, e poucos días despois, o 22 de agosto de 1999, fixo historia debutando na Primeira División, ao ser o xogador máis novo en vestir a elástica barcelonista en partido de liga.[1] Poucos días máis tarde, o 27 de outubro de 1999, nun encontro da Liga de Campións ante o AIK Solna, converteuse no xogador máis novo do FC Barcelona en disputar un encontro de competición europea. O xogador galego tiña aquela noite 17 anos, 6 meses e 7 días.[2] Con todo, unha lesión cortou a súa progresión. Continuou catro anos máis xogando co filial do FC Barcelona, disputando ocasionalmente algúns partidos co primeiro equipo. O verán de 2003, coa chegada de Frank Rijkaard ao banco, foi definitivamente descartado pola entidade barcelonista. Coa carta de liberdade en man, fichou polo Atlético de Madrid.[3] A pesar dunha primeira tempada prometedora cos colchoneiros -28 partidos de liga e 5 goles-, a campaña 2004/05 tivo unha presenza testemuñal no equipo, o que lle levou a buscar un cambio de aires. A tempada 2005/06 pertenceu ao Getafe CF, onde, de novo, apenas dispuxo de minutos de xogo. O verán de 2006 fichou polo Cádiz CF e cos gaditanos xogou dúas tempadas en Segunda División. A tempada 2008-09 xogou co Racing de Ferrol en Segunda B. O 10 de xullo de 2009 anunciouse a súa incorporación ao CD Numancia. Traxectoria como adestradorTralo seu retiro no Racing de Ferrol, volveu á súa cidade natal e empezou a adestrar o equipo infantil do Colexio Obradoiro, onde estudara. Tras acadar o ascenso na temporada 2018-19, foi fichado polo Deportivo da Coruña para adestrar os equipos infantil e cadete da canteira coruñesa. ClubsNotas
Véxase taménLigazóns externas
Information related to Fernando Macedo |