Pensamento crítico
O pensamento crítico é un método mediante o cal, grazas ao noso coñecemento e intelecto, se estudan e avalían as diferentes concepcións e interpretacións do mundo ou dunha materia en concreto. Neste proceso téñense en conta os criterios adoptados pola sociedade na súa vida cotiá e tomados como verdadeiros. Para unha boa escolla acerca do correcto é preciso tomar como referencia o pensamento crítico (baseado na razón) e nunca deixarse guiar polo pensamento desiderativo (baseado nas paixóns, nos desexos e nos sentimentos, apartando así a razón). Ao facer uso do pensamento crítico rexeitamos a opinión da sociedade impoñendo como válida a nosa ideoloxía, é dicir, as nosas sentenzas favorables ou contrarias ás ideas públicas. Pero hai que ter en conta que facendo uso del non sempre nos opoñemos ao criterio da sociedade, pois o único que buscamos é adquirir unha posición crítica que favorecerá a nosa experiencia e o noso futuro desenvolvemento. Iso si, debe ser firme en tódolos posibles contextos e finalmente, é moi importante facer uso del xa que nos axudará no crecemento como seres racionais. Compoñentes do pensamento críticoPódese dicir que os compoñentes do pensamento crítico son:
Todo pensamento crítico é proposto co fin de achegar remedios a unha determinada cuestión pero sempre apoiándoos en datos, investigacións ou na lóxica pese a que só serán puras especulacións. Este proceso terá como froito achegar sentido á información recibida anteriormente. Finalmente, o pensamento crítico non pretende equiparar os razoamentos da multitude e moito menos intentar mudarlles a personalidade. Tampouco se trata dunha crenza nin dunha procura cara a persuasión. Desenvolvemento do pensamento críticoPara a correcta e adecuada realización do pensamento crítico hai que ter varios pasos moi presentes xa que son fundamentais:
|