Lingua piemontesa
O piemontés[2] é unha lingua románica con máis de 2 millóns de falantes en Piemonte, no noroeste de Italia. Pertence ao grupo occidental das linguas romances como o catalán, o galego e o francés e atópase xeograficamente preto das linguas rexionais do norte de Italia, como o lombardo, o emiliano-romañol, o lígur ou o véneto. Lingüistas de prestixio de todo o mundo (por exemplo, Einar Haugen, Hans Göbl, Helmut Lüdtke, George Bossong, Klaus Bochmann, Karl Gebhardt, Guiu Sobiela Caanitz ou Gianrenzo P. Clivio) recoñecen o piemontés como lingua independente, aínda que en Italia sexa a miúdo considerado, aínda hoxe, como un dialecto italiano. Actualmente, o piemontés non está recoñecido como lingua oficial. HistoriaOs primeiros documentos en lingua piemontesa, os sermones subalpini, foron escritos no século XII, cando a lingua era aínda moi parecida ao occitano. O piemontés literario desenvolveuse nos séculos XVII e XVIII, porén non tivo o éxito do francés ou do italiano, outras linguas utilizadas no Piemonte. Con todo, a produción da literatura en piemontés non cesou nunca e comprende varios xéneros, dende a poesía ao teatro e dende as novelas ás obras científicas. CaracterísticasEntre as características máis notables da lingua piemontesa pódense citar:
O piemontés ten varios dialectos, algúns bastante diferentes da "koiné" rexional. As variacións inclúen non só variacións con respecto á gramática literaria, senón tamén unha gran variedade léxica xa que zonas diversas conservan palabras de orixe xermánica herdadas das linguas dos francos ou dos longobardos. Existen tamén achegas léxicas de varias linguas, mesmo das linguas magrebís, pero a maioría das achegas máis recentes veñen de Francia. Situación actualComo noutras partes de Italia, o italiano é a lingua predominante na comunicación diaria. O emprego da lingua piemontesa non foi nunca favorecido primeiro polo Reino de Italia e tampouco posteriormente, oficialmente para evitar a discriminación contra os numerosos inmigrados do Sur de Italia, sobre todo en Turín. Con todo, en 2004, o piemontés foi recoñecido como lingua rexional do Piemonte polo parlamento rexional, mais sen ningún recoñecemento polo goberno central italiano. En teoría, é posible ensinar o piemontés aos nenos no colexio, pero na práctica isto é pouco frecuente. Na última década asistiuse á publicación de material didáctico para os colexios, así como tamén de revistas para o gran público. Tamén se organizaron cursos para os adultos que xa están fóra do sistema escolar para recuperar o tempo perdido. Non obstante estes progresos, a situación actual do piemontés é bastante grave posto que, segundo unha enquisa recente,[3] nos últimos 150 anos a porcentaxe de persoas que coñecen a lingua escrita diminuíu até un 2% dos falantes nativos. Por outra banda, a mesma enquisa sinalou que o piemontés segue sendo falado por máis da metade da poboación. Este resultado foi confirmado por fontes prestixiosas, que indican o número de falantes oscila entre 2 millóns (Assimil[4]) e 3 millóns (Ethnologue[5]), sobre unha poboación de 4,2 millóns de habitantes. Os esforzos para obter o recoñecemento do piemontés como unha das linguas oficiais dos Xogos Olímpicos de inverno 2006 de Turín non tiveron éxito. Notas
Véxase tamén
Outros artigosLigazóns externas
|