Lingua poitevina-saintongeais
O poitevino-santoñés, chamado tamén parlanjhe ou poetevin-séntunjhaes é unha lingua románica da familia das linguas de oïl, marcada por orixes occitanas. É falada na rexión de Poitou-Charentes, en Vendée, en Maine e Loira, no norte da Gironda (en Aquitania). Ademais é falada en certas rexións de Indre e Loira, do Alto Vienne e da Dordoña, nas antigas provincias de Poitou e da Saintonge, en Francia. OrtografíaA escritura normalizada do poitevino-santoñés desenvolveuse entre os anos 1985-1995. Non é fonética senón fonolóxica (unha mesma grafía pódese pronunciar de diversos xeitos). LiteraturaO primeiro testemuño escrito do idioma está en estatutos e documentos legais que datan do século XIII, e o primeiro texto impreso data de 1554. Unha tradición de escritos teatrais e monólogos dramáticos para ser representados tipifica a produción literaria nesta lingua, aínda que dende o século XIX ao século XX (especialmente coa publicación do semanario le Subiet dende 1901) estabelecéronse tamén publicacións xornalísticas regulares. Guillerme IX o trobador foi o primeiro poeta neste idioma. FalantesFrançois Rabelais naceu no Indre e Loira e foi educado en Fontenay-le-Comte (Vendée) e por tanto, era coñecedor da lingua. Dialectos
Exemplo de texto
Proverbios
Notas
Véxase taménLigazóns externas |